Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Cambio de data da charla sobre a Incubadora de Proxectos

Fecha: 2015-03-23

A charla sobre a Incubadora de Proxectos que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten en marcha dentro do programa de educación non formal, coa colaboración da Concellería de Xuventude do Concello do Grove, levarase a cabo o vindeiro 13 de abril, ás 18.30 h na Sala das Cunchas e non o 25 do mes que andamos, como estaba previsto nun principio.

 

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse ata o 9 de abril na OMIX, situada no segundo andar do edificio administrativo municipal de luns a venres de 9.00 a 14.00 h ou tamén os luns de 16.00 a 19.00 h.

 

Incubadora de Proxectos pretende ser unha ferramenta de traballo, enfocado a mozos e mozas que teñan previsto presentar propostas no marco dos programas de participación xuvenil, e busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto a redacción e execución de proxectos.

 

O seu obxectivo é a consolidación destes programas como elementos dinamizadores do tecido asociativo, impulsores de iniciativas innovadoras e elementos valiosos no currículo non formal da mocidade.

 

Esta actividade pretende amosar aquele recursos especialmente enfocados a mozos universitarios e centrarase en propostas sobre emprendemento, participación e voluntariado dando especial relevancia ao programa Iniciativa Xove que financia con ata 4000 euros a proxectos impulsados por mozos e mozas no campo da participación xuvenil.

 

En definitiva, é unha liña de axudas para que os propios mozos e mozas poidan realizar proxectos e iniciativas interesantes que revertan na mocidade de hoxe. Poden xurdir dende as asociacións e entidades legalmente constituídas ou ben á marxe delas, a través dos grupos informais de mozos e mozas.