Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O programa de contacontos en inglés da Concellería de Educación continúa mañá no colexio Rosalía de Castro e na escola infantil Monte da Vila

Fecha: 2015-04-06

 

Son representacións teatrais 100% en inglés, adaptadas ás idades dos escolares

 

Os contacontos en inglés que organiza a Concellería de Educación nos centros de ensinanza infantil e primaria do municipio continúan mañá martes na escola infantil Monte da Vila e no colexio Rosalía de Castro. O obxectivo é fomentar a inmersión na lingua inglesa dos escolares do municipio. Trátase de storytimes, representacións teatrais 100% en inglés, adaptadas ás idades do alumnado co obxectivo de que afiancen a aprendizaxe neste idioma.

 

A través de distintas personaxes, cancións e material complementario, as storytimes transportan os nenos e nenas a un mundo cheo de fantasía. O alumnado goza dun intre divertido e entretido ao mesmo tempo que aprende inglés de xeito natural e participa en historias emocionantes.

 

Os contacontos organízaranse nos propios colexios. A primeira parada da mañá será na escola infantil Monte da Vila, ás 10.30 horas, e despois do recreo continuarán no colexio Rosalía de Castro, con dúas sesións para alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria. Gozarán da historia Gina Ginger’s Birthday, na que Gina quere celebrar unha festa de aniversario, pero os seus amigos dinlle que non poden asistir. O que ela non sabe é que, en realidade, estanlle preparando unha festa sorpresa!

 

Os storytimes xa empezaron hai dúas semanas nos colexios de As Bizocas e Conmeniño, e concluirán o venres 17 no CPR Nuestra Señora del Carmen.