Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O III Festival de Curtametraxes Concello do Crove terá lugar o sábado 11 na Sala das Cunchas da Casa do Concello

Fecha: 2015-04-08

 

A entrada é libre ata completar aforo

Os máis pequenos da casa seguirán divertíndose e aprendendo con contos do mundo, contos clásicos e monicreques

O público afeccionado ao mundo do cine poderá gozar coa proxección de oito das mellores curtametraxes do 2014 no III Festival de Curtametraxes Concello do Grove, que se celebrará o 11 de abril a partir das 20:00 na Sala das Cunchas da Casa do Concello.

A entrada é gratuíta ata completar a capacidade e o evento conta cun premio para o mellor traballo cunha dotación económica de 250 euros e no que o público cobra un especial protagonismo, xa que serán os mesmos espectadores quen elixan, a través de papeletas de votación, que curtametraxe merece alzarse co primeiro premio.

Con esta iniciativa preténdese implicar os asistentes máis aló do mero visionado e involucralos nunha valoración activa e crítica do visto na pantalla.

Durante as proxeccións veranse e valoraranse un total de 8 curtametraxes de duración, xénero e temática variada:

 

·         600 $ dirixida por Oriol Cardus e de 18 minutos de duración

·         Trato preferente dirixida por Carlos Polo e de 3 minutos de duración

·         Time after time  de Pablo Silva González, Peris Romano e 16 minutos

·         A pachas dirixida por Mario Tardón e de 4 minutos de duración

·         Flexibility dirixida por Remedios Crespo e de 10 minutos

·         Princesa china dirixida por Tomás bases, de 5 minutos

·         Mobiliario urbano de Ignacio Nacho e 4 minutos

·         Óscar desafinado de Mikel Alvariño e 22 minutos

 

Así mesmo, tamén haberá diversión e entretemento para os máis pequenos da casa:

O sábado 11 de abril, a partir das 12.00 h poderán asistir na biblioteca Municipal do Grove  ao contacontos Irene no Sáhara a cargo de Solidariedade Internacional de Galicia: unha viaxe ao Sáhara a través dos cinco sentidos

 

As nenas e os nenos do Grove coñecerán da man da nosa amiga Irene, a través dos monicreques, as súas aventuras no Sahara e visitarán os Campamentos de Refuxiados Saharauís. A través de lendas e contos populares do Sahara, Irene levará as cativas e cativos por unha viaxe onde dará a coñecer a situación da poboación refuxiada Saharauí.

 

Irene no Sahara enmárcase dentro da campaña CONTOS DO MUNDO. A nena Irene, filla de cooperantes de Solidariedade Internacional de Galicia, leva tempo dando a coñecer as nenas e nenos galegos a realidade de países que viven en condicións máis desfavorables

O sábado 18 de abril á mesma hora, pero na  Axencia de Lectura de San Vicente, Es Tarabelos teatro achegaranos a obra “O Traxe novo do Rei”, un contacontos ilustrado con  monicreques de  boca, monicreques de mesa e miniaturas. Actividade subvencionada polo programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia

 

Un libro, un cheiro, un conto... Un traxe especial, para un rei especial. O traxe novo prometía ser un capricho inigualable e unha ferramenta perfecta para saber o nivel de intelixencia dos habitantes da corte. Pero, sería certo?, funcionaría?; de algún xeito si, pero non como el o esperaba.

 

PROGRAMA DO III Festival de Curtametraxes Concello do Grove: