Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca a XXII edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey

Fecha: 2015-04-14

O Concello do Grove convoca a XXII edición do premio de novela curta Manuel Lueiro Rey e, a partir do vindeiro  luns, comezaranse a distribuírse as bases por toda a xeografía galega: concellos, bibliotecas, casas de cultura, institutos de ensinanza secundaria, asociacións de escritores en lingua galega, editoriais, medios de comunicación… O Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey é un premio literario convocado polo Concello do Grove dende 1992, e que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

 

O obxectivo da convocatoria é honrar a vida e obra do escritor e xornalista e, asemade, coadxuvar na promoción da escrita en galego e na divulgación dos seus autores, a través dun convenio coa editorial Sotelo Blanco. O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra gañadora pola editorial Sotelo Blanco.

 

Poderá concorrer ao premio calquera persoa física que presente o seu texto en lingua galega. As bases, que se poden consultar na páxina web do Concello do Grove –www.concellodogrove.com-, establecen o prazo límite de presentación dos traballos o 15 de agosto.

 

Os textos han ter unha extensión mínima de cincuenta páxinas e máxima de cen, en folio din A4, de dou mil cincocentos caracteres cada páxina, aproximadamente, espazamento entre liñas de 1,5 e as follas deberán de estar paxinadas.

 

O xurado estará composto por cinco persoas especialistas en literatura. Un deles será o gañador da edición anterior do premio, dous persoas nomeadas polo Concello do Grove, e os dous restantes participarán en representación de Sotelo Blanco Edicións. O premio único outorgarase por maioría simple de votos.