Mama Cabra encheu O Corgo de música, canto e diversión para nenos de todas as idades
Fecha: 2015-05-19
Na tarde do pasado sábado 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, puidemos gozar do espectáculo lúdico-musical ofrecido na praza do Corgo polo recoñecido grupo de música infantil galego Mamá Cabra.
Xente miúda e maiores gozamos coa presentación do seu novo espectáculo, acabado de estrear, no que o grupo fixo un percorrido pola súa historia e interpretou as súas mellores cancións. Foi un espectáculo diferente cun formato de concerto-teatro no que se amou unha nova Mamá Cabra disposta a seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda e non tan miúda. Ao longo da función, grandes e pequenos cantaron e repasaron os temas máis coñecidos da decena de discos que suma xa esta formación.