Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca o III Concurso de Pintura Ernesto Goday

Fecha: 2015-05-21

 

O certame estará centrado na arte figurativa e súa temática abarcará todo o relacionado coa paisaxe natural e urbana do Grove e as súas xentes.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 30 de setembro e o autor do cadro gañador recibirá un premio económico de 1.000 euros.

 

Co obxecto de lle render homenaxe ao insigne pintor local Ernesto Goday Caamaño, a Concellería de Cultura convoca a segunda edición dun concurso de pintura no que a persoa creadora da obra gañadora recibirá un premio económico de 1.000 euros e que dará pé á edición dun catálogo e á organización dunha exposición no mes de novembro.

 

O prazo de inscrición estará aberto ata o mércores 30 de setembro, incluído.

 

BASES E FOLLA DE INSCRICIÓN