Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove entregará este sábado 30 de maio o I Premio Franco Calvete

Fecha: 2015-05-27

 

O acto desenvolverase ás 12.00 horas na Sala das Cunchas da Casa do Concello

Haberá música en directo a cargo do dúo Naked Covers

  

O Concello do Grove entregará o sábado 30 de maio o premio da primeira edición do Concurso Franco Calvete de Textos Teatrais, que este ano será para Alba Hermida Area pola súa obra Penduradas dun fío. Recollerá o Premio o seu pai, José Ramón Hermida, xa que Alba vive actualmente na Arxentina.

 

O premio está dotado con 1.000 euros e entregarase nun acto literario que comezará ás 12.00 horas na Sala das Cunchas do Concello do Grove e estará amenizado pola música en directo do dúo musical Naked Covers. 

 

Desde a Concellería de Cultura convidan a todos os amigos e coñecidos da familia de Francisco Franco Calvete, a todos os membros das asociacións, veciños… a que asistan a esta entrega do premio.

 

Esta I edición do concurso contou con Anxo López Vergara, Marta González Besada e María Leonor Soilán Calvo como xurado.