Entregado o I Premio Franco Calvete de Textos Teatrais
Fecha: 2015-06-01
Ás doce da mañá do pasado sábado o Concello do Grove, de mans do seu concelleiro de Cultura en funcións, Carlos Otero, entregou a primeira edición do Premio Fanco Calvete de Textos Teatrais.
O galardón foille concedido a Alba Hermida Area pola súa obra Penduradas dun fío, e foi recollido polo seu pai, xa que a autora vive actualmente na Arxentina.
No acto estiveron presentes familiares do autor meco cuxos apelidos lle dan nome a este certame de obras dramáticas e foi amenizado con varias interpretacións musicais do dúo Naked Covers.