Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Requirimento xeral de limpeza da maleza das terras en solo urbano e núcleo rural

Fecha: 2015-06-05

 

 

O Concello do Grove para mellorar o ornato da vila, require aos propietarios ou usufrutuarios para que realicen a limpeza de maleza das súas terras situadas en solo urbano ou núcleo rural, entendendo por maleza a vexetación silvestre que supere os 20 cm de altura.

A obriga de limpeza da maleza das terras situadas en solo urbano e núcleo rural está prevista na Ordenanza de policía, bo goberno e medidas para garantir a convivencia cidadá no espazo público do Concello do Grove, publicada na web municipal.

A partir do vindeiro 30 de xuño a Policía Medioambiental vai comprobar o cumprimento desta obriga e aplicaranse as sancións correspondentes citadas na dita ordenanza para os casos de incumprimento.