Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Ponse en marcha unha limpeza completa dos colectores de lixo

Fecha: 2015-07-27

Logo de que a semana pasada se comezara coa limpeza exterior de todo os colectores, esta semana comezará a limpeza interior dos de orgánico, quedando para a semana próxima a dos de plástico.

 

Durante a semana pasada xa se realizaron en varias xornadas limpezas externas das colectores de lixo e das zonas onde se sitúan. Deste xeito, na noite de hoxe luns, e na da mañá martes, poderá poñerse en marcha a limpeza interna mediante auga a presión e os correspondentes produtos de desinfección. Estes dous días o esforzo concentrara na limpeza dos colectores de residuos orgánicos, mentres que, xa para vindeira semana, se realizará a limpeza dos de plástico, coincidindo cos días de recollida (luns, mércores e venres).

 

Esta medida estaba prevista xa desde hai varias semanas, pero a súa eficacia será mínima se non existe colaboración cidadá á hora de respectar o horario para botar o lixo nestes colectores. Os cheiros son causados, sobre todo, polo depósito prolongado de residuos na rúa, especialmente nas horas de máis calor. Por esa razón, unha vez máis, solicítaselle á veciñanza e á xente que nos visita que colaboren no mantemento da limpeza do municipio, axustándose aos horarios establecidos para botar o lixo.