Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Aviso. Rotura de tubaxe na rúa Luis A. Mestre

Fecha: 2015-07-27

 

 

 

O Concello do Grove informa de que na madrugada de hoxe se produciu a rotura dunha tubaxe na rúa Luis A. Mestre. Os operarios comezaron a traballar ás dúas da mañá coa maior celeridade posible, xa que esa rotura deixaba unha parte importante do centro urbano do Grove sen auga.

 

A rotura produciuse como consecuencia do mal estado no que se atopan as canalizacións de moitas rúas do concello, logo de varios anos sen ningunha mellora ou reparación. O aumento da presión do consumo en época de verán provoca que as tubaxes, feitas con materiais de baixa calidade ou con moito tempo de uso, acaben rebentando, cos conseguintes problemas no subministración e gastos adicionais de reparacións.

 

O servizo, neste caso, quedou restablecido ás 11.30 horas da mañá. O Concello xa ten en marcha un estudo para estimar as necesidades existentes para a mellora da rede. A limitación de recursos requirirá establecer prioridades á hora de acometer obras, e estas requiren de tempo, xa que a clave está en facer reparacións duradeiras e de calidade que non supoñan “parches” provisionais coas consecuencias que estamos a sufrir estes días.

 

O Concello agradece a comprensión das e dos usuarios e ponse á disposición da veciñanza para calquera comentario ou suxestión que teñan ao respecto.