O Concello traballa para poñer en funcionamento sistemas de vídeo vixilancia nos centros educativos
Fecha: 2015-07-28
A medida será posta en marcha para evitar os roubos e actos vandálicos que, especialmente no verán, se están producindo nas instalación dos colexios municipais.
Logo do preocupante aumento de roubos nos distintos centros escolares do Concello, o equipo de Goberno acordou poñer en marcha os equipos de vídeo vixilancia que permiten ter control permanente destas instalacións. No caso do Colexio Rosalía de Castro e do de Conmeniño, o equipamento xa está dispoñible polo que só é precisa a súa posta a punto. Nos outros centros será necesario realizar algunha instalación que, previsiblemente, estará lista nunha semana.
A posta en marcha destes sistemas permitirá a vixilancia a distancia dos accesos e perímetro dos edificios e servirá non só para evitar roubos senón para controlar que non se produzan actos vandálicos que danen as instalacións ou accesos non autorizados. O Concello do Grove agradece tamén a colaboración cidadá para evitar que se faga un mal uso dos espazos públicos dos colexios para garantir que estes se atopen nas mellores condicións posibles cando comece o curso.