Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello traballa para poñer en funcionamento sistemas de videovixilancia nos centros educativos

Fecha: 2015-08-10

 

 

A medida será posta en marcha para evitar os roubos e actos vandálicos que, especialmente no verán, se están producindo nas instalacións dos colexios municipais.

 

Logo do preocupante aumento de roubos nos distintos centros escolares do Concello, o  equipo de Goberno acordou poñer en marcha os equipos de videovixilancia que permiten ter control permanente destas instalacións. No caso do Colexio Rosalía de Castro e do de Conmeniño, o equipamento xa está dispoñible polo que só é precisa a súa posta a punto. Nos outros centros será necesario realizar algunha instalación que, previsiblemente, estará lista nunha semana.

 

A posta en marcha destes sistemas permitirá a vixilancia a distancia dos accesos e perímetro dos edificios e servirá non só para evitar roubos senón para controlar que non se produzan actos vandálicos que danen as instalacións ou accesos non autorizados. O Concello do Grove agradece tamén a colaboración cidadá para evitar que se faga un mal uso dos espazos públicos dos colexios para garantir que estes se atopen nas mellores condicións posibles cando comece o curso.