Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

O Concello do Grove lamenta o pasamento de Luís Rei

O Concello do Grove quere expresar o seu máis fondo pesar pola perda de Luís Rei. Ademais de manifestar as súas condolencias a familiares e amigos do escritor e investigador, é de subliñar o feito de que nos deixa unha persoa que foi referencia no panorama político do Grove.

Trátase dunha perda moi importante para o panorama cultural da nosa vila e en próximas datas o Concello tentará realizar un recoñecemento público á altura da importancia da figura de Luís Rei e ao seu importante legado. Así mesmo, as bandeiras da Casa do Concello ondearán a media hasta.


Todas as novas