Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

As rapazas e rapaces da Ludoteca de Verán participarán nun concurso sobre consumo e lecer

Fecha: 2015-08-12

Trátase do concurso Xincana Lecer, Publicidade e TI,” que organiza a Escola Galega de Consumo dentro do programa LecerConsumo 2015 do Instituto Galego de Consumo e que está dirixida a rapaces e rapazas entre 8 e 16 anos

 

Os asistentes á Ludoteca de Verán do Concello do Grove contarán mañá cunha actividade distinta. Trátase dunha xincana en que terán que superar distintas probas ata chegar a elaborar un vídeo. A idea é que as rapazas e os rapaces reciban información clara e directa sobre a importancia do lecer e, sobre todo, sobre como debe consumirse en relación a este: entender a publicidade dos xoguetes, as alternativas de lecer responsable, as posibilidades de entretenemento e uso responsable das TIC etc.

 

A actividade, que se desenvolverá durante todo o día, culminará coa elaboración dun vídeo feito polas propias alumnas e alumnos no que deberán anunciar algún tipo de actividade de lecer que poida realizarse no concello, manexando os conceptos aprendidos. O vídeo será subido ao Facebook da Escola Galega de Consumo e permanecerá en exposición pública entre o 4 de setembro ás 14.00 horas e o 11 de setembro ás 14.00 horas. O vídeo que obteña máis “Gústame” será o gañador da edición 2015 deste concurso.