Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Agosto bate récords de visitantes no concello do Grove

Fecha: 2015-08-19

 

Os datos do servizo de información turística do Grove superan en 800 persoas os do ano 2014. 

 

Os primeiros quince días do mes de agosto superaron as expectativas no tocante ao número de visitantes do noso concello. Segundo as estatísticas do servizo de información turística, situado na praza do Corgo, durante esas dúas semanas pasaron por estas dependencias municipais unha media de 530 persoas diarias. Só na primeira semana de agosto se superaron en oitocentas as visitas do mesmo período de 2014. 

 

Inda que os datos só se refiren a aquelas persoas que empregan o servizo de información turística municipal do Concello, resultan unha referencia básica para valorar o nivel de ocupación do Grove durante todo ano. Cómpre subliñar que o mal tempo semella que non influíu na tendencia positiva do fluxo de visitas. 

 

Tamén debe facerse fincapé no excelente servizo que o persoal da Oficina de Información Turística presta durante todo o período estival e que é valorado moi positivamente polas persoas que visitan O Grove e acoden a el. Desde o Concello farase un seguimento pormenorizado dos datos existentes e os que se xerarán durante o resto do mes de agosto, xa que resultan fundamentais para poder planificar adecuadamente tanto a xestión de recursos como a promoción turística do Grove.

 

 

 

Número de visitantes Oficina de Turismo, agosto 2015

Sábado 1

Domingo 2

369

172

Luns 3

Martes 4

Mércores 5

Xoves 6

Venres 7

Sábado 8

Domingo 9

719

712

713

536

366

539

247

Luns 10

Martes 11

Mércores 12

Xoves 13

Venres 14

Sábado 15

Domingo 16

827

836

710

591

409

509

230