Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Escola de Verán segue co seu programa cheo de actividades, nesta ocasión para ‘alimentarse ben’

Fecha: 2015-08-19

 

As rapazas e rapaces da Escola de Verán tamén tiveron ocasión de participar na actividade “O sabor da aventura está no mar”, dentro do programa da Consellería de Medio Rural e do Mar. 

 

A Escola de Verán segue con seu amplo programa de actividades de formación e entretemento para a xente máis cativa da casa. Neste ocasión, as rapaces e as rapazas tiveron a oportunidade de coñecer a importancia dos produtos do mar na súa dieta e da necesidade de consumir alimentos frescos.

 

Trátase da actividade “O sabor da aventura está no mar”, creada pola Consellería do Medio Rural e do Mar, na que, mediante xogos e actividades, afondaron no coñecemento das distintas especies e no papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar. Deste xeito complétase o programa “Aliméntate ben” que a Escola de Verán ten en marcha a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 

 

Durante unha hora, a rapazada asistiu a unha obra teatral e ás referidas actividades e xogos que culminaron coa entrega de agasallos e diplomas. Ademais do relativo á alimentación, tamén se fixo fincapé na importancia das profesións vencelladas ao mar. 

 

Escola de Verán

Lembramos que a Escola de Verán é unha actividade que ofrece o Concello do Grove durante os meses de xullo e agosto como medida de conciliación da vida familiar e laboral e que acolle máis de douscentos nenos de entre 4 e 12 anos.