Continúa aberto o prazo para participar no Concurso de Carteis da Festa do Marisco de 2016
Fecha: 2015-08-21
A convocatoria do concurso de carteis mantense como un dos elementos consolidados na Festa do Marisco do Grove.
O Concello do Grove lémbralles ás persoas interesadas que o Concurso de Carteis da LIII Festa do Marisco ten a súa convocatoria aberta ata o vindeiro 4 de setembro. As bases (que se atopan dispoñibles na páxina web de Turismo), establecen que os bosquexos deberán ser entregados nas oficinas do Concello antes das 14.00 horas da data indicada e que o premio para o gañador será de 350 euros.
Como é habitual, o cartel elixido para promover a Festa de 2016 será presentando durante a celebración do evento deste ano e, a partir desa data, comezará a súa difusión.