Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Día Solidario da Escola de Verán do Grove

Fecha: 2015-08-21

 

As rapazas e os rapaces da Escola de Verán poñerán un posto de limoada para recadar fondos para unha ONG.

 

Hoxe venres a rapazada da Escola de Verán do Concello do Grove celebrará o seu particular día solidario. Nesta edición colaborarán con Esperanza Salnés, unha asociación sen fin de lucro que desde 1997 ofrece terapias e tratamentos específicos para persoas con discapacidade coa finalidade de lles dar alternativas asistenciais e mellorar a súa calidade de vida. A iniciativa do alumnado da Escola de Verán será colocar un posto de limoada que ofrecerán, xunto cuns marcapáxinas decorados por eles mesmos, polo simbólico prezo de 1 €. Para este fin, colocarán un posto diante da Casa do Concello entre as 11.00 e as 12.30 h da mañá. 

 

Logo desa actividade, un grupo cativos achegarase ata o mercado municipal para coñecer os distintos postos e os produtos que alí se ofertan, mentres que outro grupo continuará co máis actividades na casa da cultura. 

 

Festa Fin de Verán

A partir da vindeira semana, o alumnado da Escola de Verán 2015 comezará a preparar a Festa de Fin de Verán con diferentes actuacións e representacións musicais. O día de celebración da Festa tamén se realizará o sorteo dun agasallo entre aquelas rapazas ou rapaces que superaran o reto “Explora O Grove”, no que as nenas e os nenos que participaron nesta edición da Escola tiveron que fotografarse en distintas locacións da vila e posteriormente recoñecer as imaxes.