Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Cancelacións e modificacións na programación de Verán do Concello

Fecha: 2015-08-28

 

O mal tempo está condicionando as actividades previstas na programación de verán do Concello. Deste xeito o cine de verán que debería ter lugar o pasado mércores foi aprazado e o concerto dos xoves musicais que onte debía desenvolverse na praza do Corgo foi trasladado á Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.

 

Informamos, ademais, que tamén se apraza a Queimada Folk prevista para hoxe venres ás 22.00 horas en Punta Moreiras, xa que se trata dun grupo de fóra do Grove que precisa antelación nos avisos de cambios. De igual xeito, e para evitar custos adicionais por cambios e cancelacións, freouse a contratación da actividade da Fin de Festa para mañá sábado día 30, xa que aínda que a previsión é algo máis positiva, o risco deses custos non pode ser asumido.

 

Deste xeito, debemos lembrar que quedan pendentes dous pases de cine de verán e a Queimada Folk, polo que se anima á veciñanza do Grove e aos turistas que nos visitan que consulten a programación a través do Facebook (Verán O Grove 2015) onde se poderán manter ao día das novas datas e das novas actividades que se programen. A páxina permite apuntarse como seguidor e recibir directamente as notificacións da programación. Ademais diso manterase como base para a programación de outono a partir de setembro.