A pandeiretada e a actividade deportiva pechan a programación de verán
Fecha: 2015-08-31
Onte domingo tivo lugar unha pandeiretada en varias prazas da vila protagonizada polos grupos locais deste instrumento de percusion tradicional.
Hoxe luns, o Body Jump daralles un chimpo final ás 20.00 h na praza do Corgo.
Logo dos cambios e cancelacións derivados do mal tempo sufrido no mes de agosto, a programación de verán conta con dous importantes eventos para chegar ao seu peche. Onte domingo a partir das 20.30 horas, en distintas prazas do Grove, tivo lugar a pandereitada que, media hora despois, concentrou os grupos locais de pandeireta na praza do Corgo.
E dentro dos Luns de Acción!, que se teñen celebrado con notable éxito durante este mes, este serán terá lugar un grande evento no que xa están inscritas case cen persoas e no que se practicará Body Jump. Debido ao gran número de inscricións recibidas e ás necesidades de equipamento que esta actividade supón, terá lugar na explanada da praza do Corgo ás 20.00 h.
Unha vez máis, lembramos que quedan pendentes algunhas das actividades adiadas (como, por exemplo, o cine de verán) e que a través do Facebook de Verán O Grove 2015 se facilitará información sobre as novas datas e os próximos eventos.