Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Ábrese o prazo de inscrición para as voluntarias e voluntarios que colaborarán na Festa do Marisco 2015

Fecha: 2015-09-01

 

O prazo para inscribirse comeza mañá, 2 de setembro, e remata o venres 11 ás 14.00 horas.

 

Mañá mércores comezará o prazo para que aquelas persoas que estean interesadas se inscriban na listaxe de voluntarias e voluntarios para colaborar na Festa do Marisco. Nesta ocasión será requisito imprescindible estar no paro, xa que non poderán participar aquelas persoas que conten con contrato de traballo.

 

A solicitude, que poderá ser presentada no rexistro do Concello no horario habitual de funcionamento, deberá ir acompañada do documento acreditativo de demandante de emprego e consignaranse datos relativos á situación socio-económica da persoa solicitante. Deste xeito, o Concello do Grove pretende garantir unha maior racionalidade á hora de reverter os recursos públicos. A inscrición ábrese para todos os postos que se cobren con voluntariado: limpeza, caixas, cociña, turismo etc. Para poder facer a mellor distribución do persoal inscrito, tamén se solicita información relativa á formación e á experiencia.

 

O Concello reitera, tal e como fora indicado nas reunións coa veciñanza, que se tentará facer correccións neste modelo de traballo buscando as contratacións temporais de persoal para traballar na Festa, garantindo un sistema de selección completamente obxectivo e que supoña unha pequena axuda laboral para persoas en situación de desemprego.