Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A biblioteca municipal mellora as súas cifras no verán

Fecha: 2015-09-02

 

Cada ano son máis as persoas visitantes que empregan os servizos e recursos da biblioteca conseguiron que entre xuño e agosto os préstamos se incrementasen nun 27%.

 

A biblioteca municipal do Grove segue a consolidarse como espazo cultural de proximidade e como centro de información. Proba diso é que durante os meses do verán recibiu 2.500 visitas, expediu 63 novos carnés —superando os 4.060 socios— e experimentou un incremento do 27% no número de préstamos realizados, que pasaron de 1.616 no verán de 2014 a 2.055 no de 2015. 

 

Deste xeito, ademais da poboación da vila, cada vez son máis as e os turistas que se achegan no verán a este servizo municipal co fin de utilizaren as súas instalacións e usaren os recursos que ofrece: traballar nos ordenadores, buscar información, ler os xornais ou procurar momentos de lecer. Moitas das persoas que nos visitan nestas datas adoitan pasar as súas vacacións no Grove xa son socias da Rede de Bibliotecas desde hai anos, pero este verán produciuse un importante incremento de novas e novos usuarios, sobre todo familias, que se achegaron ata a biblioteca guiados polas recomendacións de veciñanza ou amizades.

 

Os servizos máis demandados durante os meses de verán foron o préstamo de documentos, a zona infantil e de “bebeteca”, o servizo de referencia, a utilización de ordenadores e o uso público de ordenadores e de wifi. A gran demanda da biblioteca garda relación directa co traballo continuo de actualización e adaptación ás necesidades cambiantes e ás demandas da poboación que o persoal da biblioteca leva anos desenvolvemento.

 

Promoción da lectura

Ademais dos bos datos deste servizo, a biblioteca municipal continuou coas súas actividades de promoción da lectura na época estival. As maletas viaxeiras, as visitas guiadas, os contacontos e actividades de dinamización e animación á lectura para a Escola de Verán e outros grupos de escolares. 

 

Todos estes elementos conforman un servizo de biblioteca municipal que responde ao actual modelo de xestión: biblioteca integrada na comunidade de persoas usuarias ás que atende, produtora, provedora e democratizadora da información, espazo de formación, punto de encontro e espazo cultural.