Curso Práctico de Clasificación de Cogomelos Comestibles
Fecha: 2015-09-02
A Concellería de Xuventude do Concello do Grove abre o prazo de inscrición para o Curso Práctico de Clasificación de Cogomelos Comestibles, que forma parte do Programa Actívate da Deputación de Pontevedra.
Este curso consta dunha parte teórica como introdución ao mundo da micoloxía para despois poñer en práctica os coñecementos obtidos sobre consellos xerais e normas de recollida, as formas, cores, diferenzas, advertencias, zonas de recolección, importancia dos cogomelos na natureza e a relación beneficiosa entre árbores e plantas. Todo iso mediante rutas durante as cales se explicarán in situ as características das especies recolleitas, especies comestibles e as súas parecidas tóxicas.
Baseándose nos seus contidos, o curso desenvólvesese nos seguintes módulos:
- Introdución aos cogomelos
- División taxonómica e clasificación de fungos e cogomelos
- Identificación e conservación
- Recolección
- Cultivo de cogomelos comestibles
- Cociña con cogomelos
- Propiedades medicinais dalgúns cogomelos
Poderán participar no curso, preferentemente, mozos e mozas de 16 a 35 anos. No caso de contar con prazas libres, poderán participar as persoas maiores de 35 anos que o solicitasen.
A solicitude poderase descargar da páxina web da deputación (www.depo.es), premendo aquí ou recollela persoalmente na Oficina Municipal de Información Xuvenil (2º andar do edificio administrativo), onde se pode facer calquera consulta do curso e onde tamén se deben entregar as solicitudes. As prazas cubriranse por orde de entrada e ata cubrir as prazas.
O curso terá unha duración de 40 horas e abarcará desde o día 13 ata o 26 de outubro, en horario de 16.30 a 20.30 horas, e é totalmente de balde.
