Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello realizará unha edición ampliada do programa da Festa do Marisco

Fecha: 2015-09-07

 

Trátase dunha revista que conterá o programa e toda a información dos eventos da Festa e que aportará un elemento informativo adicional ó evento. 

 

O Concello do Grove acaba de asinar un convenio coa empresa Editorial Mic para editar un programa ampliado da Festa do Marisco. Segundo o acordado, a empresa farase cargo dos custos de edición dos programas de man e do programa ampliado da Festa, ademais de facer unha pequena achega económica, con cal se reducen notablemente os gastos neste apartado, mentres que, a cambio, comercializará a publicidade do programa. 

 

Deste xeito, o Concello continúa facendo avances na racionalización dos elevados gastos que a Festa do Marisco viña supoñendo para as arcas municipais. A demora acumulada na presentación da Festa responde tanto á falta de tempo tras o cambio do goberno como á busca de acordos e apoios para mellorar os resultados e evitar as notables perdas de anos anteriores. Nos vindeiros días darase cumprida conta do programa de actividades, así como das novidades presentadas nesta 52 edición.