Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

O Concello organiza unha saída de sendeirismo por Camariñas

Coincidindo coa Semana Europea do Deporte, a Concellaría de Deportes organiza para o vindeiro sábado día 12 de setembro unha saída de sendeirismo por Camariñas.

A ruta partirá do Cemiterio dos Ingleses e rematará na vila de Camariñas. Pasará polos puntos que marcados do 14 ao 1 na imaxe de abaixo. Despois de camiñar, comerase en Camariñas e, xa pola tarde, visitarase Muxía, onde están coa Festa da Barca para, sobre as 18.00 h saír de alí para regresar ao Grove.

A saída será desde a estación de autobuses do Grove ás 7.30 h e a chegada de volta está prevista sobre as 20.00 horas.

O prezo será de 22 € (10 bus e 12 a comida). As persoas interesadas poden inscribirse no tlf. 657 464 277 ou na oficina do técnico de deportes municipal, no segundo andar da Casa do Concello.

info>


Todas as novas