O vindeiro xoves comeza o período de inscrición na escola de música municipal
Fecha: 2015-09-08
O Concello do Grove vai abrir este xoves día 10 de setembro o prazo para que as rapazas e os rapaces se inscriban na Escola de Música Municipal José Silva Torres. O prazo para entregar as solicitudes remata o día 20 deste mesmo mes.
Logo de seren cubertas, as solicitudes poderanse entregar no propio cento educativo da ou do menor ou, se o prefiren, no Rexistro do Concello, situado no baixo do edificio administrativo municipal (rúa Cándido Acuña Blanco, 3).
Descargue a ficha de inscrición premendo aquí>