Ábrese o prazo para solicitar composteiros
Fecha: 2010-02-03
- Todas as persoas interesadas en facer compostaxe deberán cubrir unha solicitude entre os días 4 de febreiro e 3 de marzo.
- Entregarase en calidade de cesión gratuíta un composteiro, ata esgotar existencias (50 exemplares), segundo rigorosa orde de inscrición.
- Cederase un composteiro por familia.
- No caso de non utilizalo ao cabo dun tempo, o Concello recuperará o exemplar e cederallo a outra persoa beneficiaria.
- Para cubrir a solicitude deberán anotarse directamente na Concellería de Limpeza do Concello do Grove (primeiro andar, á esquerda).
- Unha vez seleccionadas as persoas beneficiarias, chamaranse para realizar un curso de formación.