Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Xa está en marcha o Plan de acollida de refuxiados de Siria

Fecha: 2015-09-15

 

 

Desde onte pode descargarse na páxina web do Concello ou recoller en dependencias municipais o formulario para ofrecer recursos de acollida.

 

Tal e como se informou a pasada semana, o Concello do Grove acaba de deseñar un plan de acollida de refuxiados de Siria, plan que, tras a primeira comunicación ao Goberno central do ofrecemento do Grove como punto de acollida, pasa agora a elaborar unha listaxe de recursos dispoñibles.

 

Trátase de que a veciñanza do Grove contribúa solidariamente a este plan poñendo á disposición das persoas refuxiadas solucións de aloxamento provisional, así como recursos de manutención ou de axuda (formativa ou para asesoramento en trámites administrativos, por exemplo). Para organizar estes recursos, o Concello do Grove pon á disposición de quen queira participar un formulario en que se poden indicar estas cuestións.

 

Desde o Concello do Grove anímase a que as veciñas e os veciños da nosa localidade poidan contribuír a este plan e comuniquen o antes posible estes datos, xa que a FEMP solicitou con urxencia o censo de recursos dispoñibles para poñer en marcha a acollida.

 

Os formularios poden descargarse premendo na seguinte ligazón:

SOLICITUDE DE ADHESIÓN AO PLAN DE AXUDA AOS REFUXIADOS DE SIRIA