O Concello porá en marcha un cambio de dirección na rúa das Barqueiras
Fecha: 2015-09-15
O cambio realízase por solicitude da veciñanza da zona.
A Xunta de Goberno Local do Concello do Grove aprobou recentemente un cambio de dirección que foi proposto polos veciños e veciñas da rúa do Pintor Ernesto Goday. Deste xeito, na confluencia desta rúa coa rúa das Barqueiras poderase facer o xiro dereita ou á esquerda, co fin de axilizar a saída desta zona cara á rúa Castelao.
Esta modificación supón, polo tanto, a prohibición do xiro na rúa de Luís Casáis cara á rúa das Barqueiras, manobra que, por outra banda, supuña unha especial complexidade e risco pola baixa visibilidade na incorporación e polo problemático cruzamento desde as rúas de Castelao e do Pombal.
A posta en marcha deste cambio require de cambios de sinaléctica e de marcas de estrada, que serán realizados nos vindeiros días.