Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Hoxe luns comeza a montaxe das carpas da Festa do Marisco

Fecha: 2015-09-21

 

Serán seis estruturas que se situarán nos laterais do mercado e a lonxa e na explanada da praza do Corgo.

 

O plan de traballo para a organización da Festa do Marisco, que leva semanas funcionando, concrétase hoxe luns no comezo da montaxe das carpas que acollerán as principais actividades do evento.

 

Ademais das habituais carpas de degustación situadas nos laterais do mercado e da lonxa, montarase unha carpa institucional con forma de iglú, de 20x40 metros, equipada cun auditorio para 420 persoas e unha sala de exposicións, unha carpa destinada á cociña en vivo e a mostra de petiscos, de 15x30 metros, e unha carpa de artesanía de Galicia, de 12,5 metros de diámetro.

 

A carpa destinada á cafetería quedará pendente do concurso aberto para a súa explotación. Alén diso, este ano situaranse na zona as carpas en que a asociación Emgrobes organiza o seu Grovestock, e que estarán durante a segunda fin de semana da Festa na vía que comeza na rotonda do Corgo.

 

A montaxe das carpas require dun amplo traballo por parte da Policía Local, que se encargará de xestionar o tráfico de xeito adecuado. A colocación destas estruturas tamén supón que o mercado semanal teña que trasladarse a outras zonas os días 25 de setembro e 2 e 9 de outubro.

 

O Concello do Grove agradécese a comprensión da veciñanza polos inconvenientes que esta montaxe poida ocasionar, ao mesmo tempo que solicita a súa máxima colaboración para que todo transcorra con normalidade.