Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Adxudicado o servizo de cafetería da Festa do Marisco

Fecha: 2015-09-28

 

Por primeira vez desde que se celebra a Festa, o adxudicatario deberá achegarlle 6.000 euros ao Concello para a  explotación do servizo.

 

O concurso para a explotación da cafetería da Festa do Marisco foi resolto no mediodía do pasado venres. Logo do procedemento administrativo iniciado hai dúas semanas, a mesa de contratación, configurada segundo a normativa establecida, procedeu á apertura de plicas. O concurso estivo aberto desde o 10 ao 18 de setembro e permitía que calquera empresa ou particular puidese participar, despois de ser publicitada a oferta no Boletin Oficial da Provincia e a través da web do Concello.

 

As condicións esixidas no concurso son as establecidas pola normativa vixente: solvencia técnica e profesional. Os criterios avaliables para a adxudicación eran:

  • Melloras relativas á calidade dos materiais, estética e decoración da carpa (ata 20 puntos).
  • Melloras propostas en relación coa oferta de actividades culturais e/ou musicais complementarias das organizadas polo Concello (ata 20 puntos)
  • Oferta económica; marcándose o prezo mínimo de licitación en 3.500 euros (ata 60 puntos). 

 

Logo de rematado o prazo, foron tres as empresas locais presentadas: Alfonso Padín, Alfonso Mourelos e Francisco Álvarez. A valoración das propostas realizada pola Mesa de Contratación foi a seguinte:

 

Concursante

Decoración e estética

Programación cultural

Achega económica

Puntuación final

Alfonso Padín

Non presenta

Non presenta

3.711 euros

35

Alfonso Mourelos

10

20

4.000 euros

70

Francisco Álvarez

20

10

6.000 euros

90

 

Logo de revisada a documentación, a Mesa procedeu a adxudicar a cafetería á proposta de maior puntuación. 

 

Novo procedemento

A saída a concurso da cafetería da Festa do Marisco foi unha medida posta en marcha para evitar o problema das edicións anteriores no relativo á súa adxudicación. Logo das consultas ao persoal técnico municipal, indicouse que o sistema máis obxectivo pasaba por  un concurso aberto onde esta se adxudicase á mellor poxa.

 

Lémbrase ademais que todos os veciños e veciñas que así o desexen poden consultar a documentación presentada e todo o procedemento realizado.