Onte inaugurouse a exposición fotográfica Baixamar, de Baltasar López
Fecha: 2015-09-28
Ás 12.10 h de onte tivo lugar na Salas das Cunchas da Casa do Concello a inauguración da exposición Baixamar, de Baltasar López.
No acto deron a benvida o alcalde do Grove, Jose Cacabelos, e a concelleira de Cultura e Turismo, Emma Torres.
O autor das fotografías explicou o seu traballo e agradeceu a colaboración das mariscadoras da Confraría San Martiño que, segundo dixo, en todo momento estiveron dispostas e facilitaron esta mostra.
Na exposición de fotografías, en branco e negro, podemos observar o inxente traballo das xentes que viven do mar.
Baltasar López veu desde a localidade de Novelda, Alacante, para este acto e agarda que esta exposición sexa do interese de todas as persoas que se acheguen durante a Festa do Marisco ata O Grove e, por suposto, de toda a veciñanza.
A mostra poderase visitar ata o vindeiro 12 de outubro, coincidindo co remate da edición 2015 do evento gastronómico máis importante do Grove.