O Concello convoca o concurso de camisetas da Festa do Marisco
Fecha: 2015-09-28
Téntase revitalizar un concurso que, ata agora, tiña baixa participación pero que podería contribuír a dinamizar a participación na Festa.
O Concello do Grove convoca o I Concurso de Camisetas de Peñas da Festa do Marisco. Trátase dunha variación do concurso de camisetas que durante algúns anos se organizaba coincidindo con este evento. Neste caso o que se pretende é fomentar que as “pandillas” ou “peñas” participen da festa dun xeito máis activo e se organicen para visitar o evento en grupo e identificados coa mesma camiseta.
Para fomentar, precisamente, esa participación en grupo outorgaranse dous premios: un ao mellor deseño de camiseta e outro para o grupo máis numeroso que se presente na data fixada con maior número de membros vestidos coa mesma camiseta.
Nas bases, que están dispoñibles na páxina web do Concello e que xuntamos a este texto, recóllese toda a información. Anímase especialmente a veciñanza do Grove a participar neste concurso e facer, se cabe, máis festa da Festa.