Os venres 2 e 9 de outubro non haberá mercado ambulante
Fecha: 2015-10-01
Ante a imposibilidade de contar coa aprobación da autoridade correspondente, titular do espazo, e debido á escaseza de efectivos que poidan facerse cargo da seguridade na recolocación dos postos de venda, resulta imposible que se leve a cabo o mercado semanal nas datas coincidentes coa celebración da Festa do Marisco 2015.
Deste xeito, queda suspendido o mercado ambulante os venres 2 e 9 de outubro.
O Concello do Grove agradece a comprensión de veciños e visitantes e pide desculpas polas molestias que esta suspensión poida ocasionarlles.