Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Estrelas Michelin na Festa do Marisco

Fecha: 2015-10-02

 

A inauguración da III Mostra de Cociña en Vivo concentra os cociñeiros de Maruja Limón e Culler de Pau para debater sobre as posibilidades gastronómicas do Marisco.

 

A Festa do Marisco é un referente gastronómico nacional e internacional e a inauguración da Mostra de Cociña en Vivo confírmao. Hoxe ás 18.00 horas na carpa institucional terá lugar unha mesa redonda na que os estrela Michelin Rafa Centeno, Inés Abril e Javier Olleros falarán das posibilidades gastronómicas do marisco. O evento estará presentado polo xornalista Carlos Crespo. 

 

Mostra de petiscos

A continuación poñerase en marcha a Mostra de Pinchos na que estarán presentes os restaurantes locais Airiños, A Tapería, Pan de Millo, Meloxeira, Misturas, O Trasno e A Costa, que presentarán as súas creacións en petiscos (ver listaxe) e o Casino fará o propio cos cócteles. A partir do sábado comezarán as sesións de cociña en vivo.