III Mostra de Cociña en Vivo da Festa do Marisco
Fecha: 2015-10-05
Quince sesións onde cociñeiros locais e foráneos de recoñecido prestixio amosarán as posibilidades gastronómicas dos produtos do mar.
Desde o pasado sábado, a Carpa Mahou acolle as sesións de cociña en vivo que pretenden explorar as posibilidades culinarias do marisco. Deste xeito, e vencellado á mostra de petiscos situada na mesma carpa, cociñeiros locais amosarán as súas innovacións e propostas, ademais de contar con sesións monográficas dedicadas ao rodaballo ou incluso aos cócteles. Nestas sesións tamén se inclúen as Xornadas A cociña do Mar, organizadas por Emgrobes, e que este ano terán como protagonistas a orella de mar, a ameixa reló e a anemona de mar.