Os traballos de Gas Natural chegan á Rúa Luís Seoane
Fecha: 2015-10-16
A rúa permanecerá pechada previsiblemente desde o luns 19 ata o venres 23. Xa existe unha previsión por parte da Policía Local para corrixir o tráfico.
As obras de instalación de condutos que Gas Natural Galicia está a realizar desde hai meses téñense programado para provocar as menores modificacións posibles de tráfico. Deste xeito, logo de reducir o traballo no mes de agosto e traballar en zonas “periféricas” durante a Festa do Marisco, a partir do vindeiro luns será necesario emprender de novo traballos en rúas centrais da vila.
Deste xeito, o día 19 pecharase da rúa Luís Seoane, peche que, segundo a empresa encargada de realizar as obras, deberá rematar o venres desa mesma semana. Desde o Concello do Grove tense coordinado coa Policía Local un plan de desvío do tráfico que supón que este deba circular pola Rúa da Praza ata O Corgo para poder subir por Luis A. Mestre.
O Concello do Grove agradece a comprensión e a colaboración da veciñanza durante estes días para tentar que as incomodidades sexan as menores posibles.