Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A web do Concello xa conta cunha sección de transparencia

Fecha: 2015-10-21

 

A sección iniciou o seu funcionamento hai xa dúas semanas publicando información tratada no Pleno do mes de setembro.

 

Segundo o compromiso adquirido cos veciños e veciñas do Grove, o Grupo de Goberno pon en marcha medidas que contribúan á transparencia da xestión municipal e á comunicación clara coa poboación da vila. Nesa liña, desde o día 9 de outubro habilitouse unha sección específica na páxina web do Concello do Grove denominada “Transparencia da actividade municipal” na que se poderá contar con toda a documentación e informes que sexan precisos para que o exercicio da función pública poida ser coñecido pola cidadanía do Grove.

 

Como primeira documentación, púxose á disposición do público o informe presentado aos grupos da oposición no relativo á selección dos voluntarios da Festa do Marisco, ademais do borrador de resultados de venda do evento. Debemos lembrar que a documentación xeral dos plenos xa está dispoñible na web, polo que este apartado permitirá achegar información complementaria á que, por obrigación, xa estaba neste espazo.