Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O novo pavillón sofre un ataque da vandalismo

Fecha: 2015-10-23

 

A Garda Civil recolle esta mañá  a correspondente denuncia e cóntase con testemuñas que viron os autores.

 

Na tardiña de onte un grupo de individuos que foron identificados como rapaces novos accedeu ao novo pavillón municipal empregando un pau (tipo bate) para forzar a porta. Unha vez dentro, realizaron pintadas en varias zonas e envorcaron botes de pintura e algún outro material de obra que causou danos de certa importancia nesta instalación. 

 

A Garda Civil foi informada dos feitos e contouse coa colaboración veciñal, xa que se observou un grupo de rapaces nas inmediacións do pavillón e puido facerse unha descrición destes. Agárdase que nas vindeiras horas, e unha vez formalizada a denuncia, poidan ser identificados para que asuman a responsabilidade dos actos vandálicos realizados.

 

Lembramos que o pavillón de deportes está practicamente rematado —a semana pasada foron finalizados os vestiarios— , tan só pendente da chegada do material preciso para a súa posta en marcha (porterías, canastras, marcador…) e do acondicionamento da zona de acceso, feito que conta con certa demora, xa que os orzamentos anteriores non contemplaban estas obras e foi preciso facer modificacións de crédito para poder acometelas.

 

Desde o Goberno local quere incidirse na gravidade destes feitos que afectan a un ben público e que supoñen un ataque aos intereses de toda a veciñanza do Grove. Agárdase que este tipo de actos sen xustificación non se repitan e os culpables paguen polo dano realizado.