Este sábado reúnese na Casa do Concello o xurado do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta
Fecha: 2015-10-23
Presentáronse quince obras a esta XXII edición do xa tradicional premio literario.
Mañá sábado, 24 de outubro, a partir das 18.00 horas na Casa do Concello do Grove terá lugar a reunión dos membros do xurado e do comité organizador que se encargará de ditaminar o gañador ou gañadora da XXII edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta.
O xurado está conformado por Manuel Quintás, Francisco Martínez Bouzas, Armando Requeixo e Ánxela Gracián, todos eles especialistas en literatura, que estarán acompañados polo gañador do pasado ano, Antonio Pichel Beleiro. Eles encargaranse de valorar os quince traballos presentados e establecer cal será o gañador deste ano 2015.
Premio consolidado
O Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta é convocado polo Concello do Grove desde o ano 1992. A súa finalidade última e promover e recoñecer a vida e a obra do escritor e xornalista Lueiro e permite manter O Grove na vangarda literaria galega. O galardón está dotado con 3.000 euros e a obra gañadora é editada.