O Lueiro 2015 xa ten gañador
Fecha: 2015-10-27
Ás seis e media da tarde do pasado sábado 24 de outubro reunise o xurado nomeado polo Concello do Grove para ditaminar o XXII Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta.
Despois da deliberación, o xurado acordou declarar gañadora da presente edición a novela O Noiro, presentada baixo o lema "A Redacción do Camouco", cuxo autor resultou ser Antonio Piñeiro Fernández.