Aviso de cobramento: taxa de recollida de lixo, subministración de auga e canon de saneamento
Fecha: 2010-02-09
O Concello do Grove comunícalles a todos os contribuíntes deste termo municipal que a partir do próximo día 15 de febreiro procederase ao cobramento, en período voluntario, da taxa de recollida de lixo, subministración de auga e canon de saneamento da Xunta de Galicia correspondente ao 2..º semestre de 2009, de acordo co seguinte calendario:
Inicio de cobramento. . 15 de febreiro de 2010
Fin de cobramento. . . . 15 de abril de 2010
Lugar. . . . . . . . . . . . .oficinas de recadación
Horario . . . . . . . . . . .de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas
Fóra destes prazos esixirase o cobramento pola vía executiva co recargo de constrinximento correspondente, e custos do procedemento.