Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove acomete as actuacións de embelecemento do cemiterio municipal de cara á celebración do Día de Defuntos

Fecha: 2015-10-29

 

Atendendo as demandas da veciñanza, agárdase que para a celebración deste día o camposanto se atope nas mellores condicións posibles.

 

O Concello do Grove xa comezou os traballos de embelecemento do cemiterio municipal. Estes traballos complementan os xa comezados hai semanas, nos que se acometeron melloras na zona nova recolocando placas de mármore que se soltaran. Tamén se instalaron farois e se están renovando e instalando máis puntos de luz. O mantemento deste espazo é unha prioridade para o Goberno municipal e traballouse para o deseño dun plan permanente que atenda as necesidades e peculiaridades no referido a esta instalación. O máis inmediato é o arranxo dos xardíns e a colocación de bancos.

 

De cara á festividade do 1 de novembro e tendo en conta o elevado número de visitas que pasan polo cemiterio nese día, agárdase que estean rematados os referidos arranxos, que permitirán, ademais, poñer ao día a instalación e facilitarán que a posterior aplicación do plan de mantemento resulte máis sinxela.