Comezan as actividades extraescolares para ‘coñecer e gozar da biblioteca’
Fecha: 2015-11-06
O Concello do Grove inaugura hoxe a quinta edición destas actividades extraescolares.
Hoxe venres, a partir das 16.30 horas, comezan as actividades enmarcadas no programa “Coñecendo e gozando da biblioteca”. Nesta actividade participan 45 alumnas e alumnos de educación infantil e primaria dos diferentes centros educativos da localidade. A actividade desenvolverase todos os venres na biblioteca municipal do Grove.
O obxectivo desta iniciativa é espetar a imaxinación e a creatividade mediante os recursos que ofrece a lectura; experimentar a biblioteca como unha contorna máxica de encontro coa lectura, con outras nenas e nenos, ademais de establecer un primeiro contacto cos libros dun xeito lúdico e facilitando o xogo. Os participantes terán cada semana actividades de carácter pedagóxico, con obradoiros lúdicos, animación, xogos e traballos manuais adaptados ás súas idades.
Este venres os obradoiros centraranse na temática do magosto co obxectivo de lles achegar á xente máis nova o significado, os costumes e as tradicións desta festa. Durante os obradoiros de novembro tamén se traballará co mundo máxico das lendas e das historias tradicionais, facendo especial fincapé nas historias locais.