Comeza a montaxe das carpas para a Festa de San Martiño
Fecha: 2015-11-06
A Asociación Cultural San Martiño, organizadora do evento, e o Concello traballaron arreo para buscar unha boa localización da festa, na que se agarda gran participación veciñal.
A Asociación Cultural San Martiño fixo un gran labor de organización dos actos de celebración da Festa de San Martiño que comezarán o martes 10 pola tarde e ocuparán todo o mércores 11 con diversas actividades.
Para o desenvolvemento desta Festa, desde hoxe venres, logo do remate do mercado semanal, comezarase a instalación dunha gran carpa na calzada que vai desde a rotonda do monumento ao mariscador ata a rotonda das garzas. Nese espazo poderán celebrarse os concertos das orquestras programadas a cuberto. O corte desta vía prolongarase ata o xoves, 12 de novembro.