Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Dezasete establecementos colaborarán nas Xornadas da Centola 2015

Fecha: 2015-11-18

 

Trátase de restaurantes que ofrecerán, do 21 de novembro ao 8 de decembro, centola do Grove a un prezo competitivo para que toda a xente que nos visite poida gozar da Raíña do Marisco.

 

Logo de rematado o prazo de inscrición para participar nas Xornadas da Centola do ano 2015, son 17 os establecementos que formarán parte deste evento (incluímos listaxe) de exaltación do crustáceo dos mares do Grove. Deste xeito pódese pechar o programa que este ano contará cos eventos habituais de edicións anteriores (concurso de centola viva e poxa da centola) pero que tamén incluirá novidades. Tense realizado un exhaustivo estudo das edicións anteriores, atendendo ao gasto que supoñen estas xornadas para as arcas municipais, co fin de tentar conseguir unha maior optimización dos recursos. Así,  poñeranse en marcha modificacións orientadas a mellorar os seus obxectivos. 

 

Os traballos de organización comezaron ao finalizar a Festa do Marisco e deron lugar a un programa que será presentado aos medios de comunicación hoxe mércores (adiantamos o cartel) e que será difundido mediante distintas iniciativas dirixidas aos mercados de proximidade.

 

RESTAURANTES PARTICIPANTES NAS XIII XORNADAS DA CENTOLA

 

Beiramar

A Solaina

Rías Galegas (Hotel Louxo)

Crisol

Metropol

A de Ana

Finisterre

Pan de Millo

Airiños do mar

Solaina

Lavandeiro

O Museo

Airiños

O Chiringuito

Restaurante Hotel Cons da Garda

A típica

O Cruceiro