Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Goberno presenta dúas mocións para reclamar a vacina da mninxite B e a ambulancia medicalizada

Fecha: 2015-11-30

 

As mocións están incorporadas á orde do día do Pleno que terá lugar esta tarde.

 

O Grupo de Goberno local presenta dúas mocións relacionadas co ámbito sanitario. Inda que as competencias do concello neste eido están bastante limitades, o goberno municipal considera necesario emprender medidas de presión para conseguir melloras e denunciar os recortes que se están presentando nos servizos de asistencia médica da localidade.

 

Deste xeito, traballou nunha moción para reclamar a posta á disposición das familias da vacina da meninxite B para os máis cativos. Esta vacina tense amosado como a única solución para evitar a mortaldade causada por esta enfermidade. Por todo isto, reclámase do Ministerio de Sanidade a incorporación no calendario de vacinación e, se o Goberno central desatende esta demanda, que sexa a Xunta de Galicia quen asuma a súa distribución e garanta o acceso universal a esta vacina.

 

Por outra banda, ademais do relativo á reclamación desta vacina, desde o Goberno local tamén se recolle a iniciativa da CIG que demanda unha ambulancia medicalizada permanente para a comarca do Salnés. Nesta moción plásmase a preocupación existente polo limitado do actual servizo, cunha ambulancia medicalizada na cidade de Pontevedra para lle dar servizo a unha gran zona de poboación, e reclámase a dotación adecuada para lle dar cobertura a comarca do Salnés durante todo o ano e, en especial, na temporada de verán.