O patio do Colexio Rosalía de Castro volverá estar operativo mañá
Fecha: 2015-12-02
As obras acometidas polo Concello no edificio dos profesores e na fachada do propio colexio corrixen os problemas existentes na seguridade deste espazo.
Logo de tres semanas intensas de traballo, a empresa contratada polo Concello para resolver o grave problema de seguridade existente no patio deste colexio acaba de rematar unha rehabilitación completa da fachada do edificio anexo coñecido como “edificio dos profesores”, o que garantirá a súa seguridade.
Estas melloras supoñen que o espazo que se tiña pechado por razóns de seguridade poida ser reaberto para o seu uso a partir de mañá. Tan só quedará acoutada unha pequena zona onde se atopa un colector de obra, xa que se agarda que a empresa construtora tamén se faga cargo do pintado da fachada do propio colexio, completando así un amaño desta instalación que resultaba urxentemente.
Lembramos que estas melloras e reparacións foron acometidas directamente polo Concello a pesar de que este non é titular do edificio dos profesores, dado que a Consellería non se fixo cargo delas. A rehabilitación da fachada non mellora as condicións de habitabilidade do edificio que está, hoxe por hoxe, en pésimas condicións. A este respecto seguiranse mantendo conversas co súa institución titular para valorar a súa posible cesión ao municipio.