Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove participa no Outono Activo cun Parque de Nadal para os máis cativos

Fecha: 2015-12-11

O sábado e o domingo as rapazas e os rapaces de ata 10 anos contarán con actividades lúdicas e de ocio na Casa de Cultura Manuel Lueiro Rey.

 

O Concello do Grove pon en marcha un proxecto de dinamización que se enmarca no denominado “Outono activo” que se vén levando a cabo en distintas cidades galegas. O programa ten a finalidade de ampliar a oferta de lecer para as familias e os nenos e nenas, buscando contribuír á formación educativa, pedagóxica e cultural da cativada e mantendo unha dinámica de conciliación fundamental no momento actual.

 

As actividades desenvolveranse na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey o sábado 12 e o domingo 13, en horario de 11.30 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 horas. As dinámicas e obradoiros están especialmente dirixidos a nenos e nenas de ata 10 anos. Ademais dos referidos obradoiros, haberá contacontos, pintacaras, construcións xigantes e incluso unha zona “baby”. O evento conta co patrocinio de Gadis e non require de inscrición previa.

 

Programación de Nadal

 

Esta actividade é unha das primeiras que o Concello do Grove ten previstas dentro da programación de Nadal e que se prologará ata despois de Reis. Ademais deste Parque de Nadal, as rapazas e os rapaces do Grove terán contacontos e máis actividades organizadas polo alumnado do Obradoiro de emprego, reforzadas especialmente nos seus días de vacacións escolares.